FOXO DO LOBO DO SALAS. Concello de Muiños

    Intervención sobre o foxo do lobo do Salas, situado no entorno do encoro do Salas, en Requiás, no concello de Muíños.

    A actuación comezou coa realización de sondaxes arqueolóxicas valorativas para documentar e valorar o sistema construtivo do foxo.

    Posteriormente desenvolveuse a restauración parcial do foxo do lobo de cabrita, e xerouse a súa posta en escea coa interpretación, baseada no feito histórico, realizada polo escultor Toño Monteiro.

    A intervención foi promovida pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, e coordinada co arqueólogo J. M. Eguileta Franco, estudoso ilustre da Baixa Limia e do Xurés.